|
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Eixo somos unha asociación integrada exclusivamente por empresas cooperativas de traballo asociado que desenvolven a súa actividade en múltiples sectores, con culturas organizativas, fórmulas de traballo e estruturas produtivas diversas. O noso ámbito de actuación é a comunidade galega.
Eixo forma parte do chamado asociacionismo cooperativo que é un medio de potenciar a representatividade das empresas cooperativas a tódolos niveis e para a defensa e promoción dos seus intereses. O asociacionismo cooperativo abrangue unha estrutura que comeza nas unións, continúa nas federacións e segue coas confederacións, vai ampliando a base no tocante ás tipoloxías de cooperativas e á base territorial. Eixo é unha unión de cooperativas que establece como fin estatutario, entre outros, o apoio ao desenvolvemento do cooperativismo de traballo asociado en Galicia. A partir dunha diagnose sobre o propio sector e as necesidades das cooperativas socias e non socias, establece como liña de traballo prioritaria o apoio á función xerencial nas cooperativas galegas de traballo asociado.
|