|
O programa tenciona dar apoio mediante as seguintes liñas de traballo: Encontros xerenciais: Encamiñados a capacitar as persoas que desempeñan función xerenciais. Son un ciclo de sesións formativas e de traballo a longo prazo nos que se abordan temáticas específicos das funcións xerenciais nas cooperativas. Bolsas en prácticas xerenciais: Encamiñadas a formar xerentes-as, as persoas realizan prácticas xerenciais titoradas durante un ano en cooperativas co obxectivo final de explorar as posibilidades de incorporar á persoa bolseira ao cadro de persoal da cooperativa.
|