|
O programa ten como destinatarios as cooperativas de traballo asociado galegas con necesidades de mellora no tocante á función xerencial, e en particular: Destinatarios dos encontros xerenciais: Aquelas persoas que desempeñen funcións xerenciais na cooperativa e que teñan responsabilidade de dirección, xerentes-as, socios-as ou traballadores-as. Tamén persoal das asociacións de cooperativas que desempeñen funcións directivas. Destinatarios das bolsas en prácticas xerenciais: Aquelas cooperativas que soliciten bolseiros-as e que cumpran os criterios de selección. Tamén persoas desempregadas que soliciten a bolsa e que cumpran os criterios de selección.
|