|
O programa de apoio á función xerencial que Eixo promove conta coa colaboración das seguintes entidades: Fundación Caixanova: Organismo que ten por obxecto o impulso, xestión e desenvolvemento daquelas actuacións culturais, cívicas, didácticas e educativas, científicas, socio económicas e demais análogas de interese xeral que, a iniciativa propia ou a proposta doutras institucións, fundacións ou organismos, estima necesarios ou convintes para o desenvolvemeto socio cultural e económico de Galicia. Iso adquire especial relevancia no marco do seu compromiso cos axentes da economía social. Consellería de Traballo: Departamento da Xunta da Galicia que vén apoiando iniciativas conducentes a unha política de promoción do cooperativismo e a economía social en xeral. Nestas políticas se enmarcan as ordes e convocatorias polas que se desenvolven os programas de promoción e divulgación do cooperativismo e da economía social, e en particular as axudas para o fomento e a consolidación das asociacións de cooperativas. Instituto de Promoción Económica: Axencia de desenvolvemento rexional de Galicia que, entre outros obxectivos, fomenta a creación de novas empresas, promove a mellora da produtividade e competitividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Galega, atrae investimentos foráneos e facilita a internacionalización do tecido produtivo.
|