|
¿Que entendemos por función xerencial? |
|
|
|
|
Con estes antecedentes Eixo promove e propón o desenvolvemento dun Programa de Apoio á Función Xerencial nas Cooperativas de Traballo Asociado, co obxectivo de dar apoio á xestión e estratexia empresarial das cooperativas de traballo asociado (CTA). Entendemos por función xerencial aquelas funcións encamiñadas: - Ao deseño e mantención dunha estratexia empresarial.
- Á tenencia de criterios de xestión.
- Á tenencia de ferramentas empresariais de diverso tipo para levar adiante esta estratexia.
Concretamente, - Análise económica da cooperativa.
- Análise prospectiva orientada á planificación a medio e logo prazo.
- Planificación en distintos ámbitos: de mercado, de persoal, societaria, financeira...
- Seguimento e xestión.
|