Inicio
Presentación
Actividades
Destinatarios
Encontros Xerenciais
Bolsas en Prácticas
Colaboradores
Contactar
Buscador
Inicio arrow O obxecto dos encontros
O obxecto dos encontros PDF Imprimir Correo

Mediante o desenvolvemento dun ciclo a longo prazo de sesións formativas e de traballo sobre contidos específicos das funcións xerenciais, destinados a xerentes-as, socios-as ou traballadores-as das CTA que desempeñen funcións xerenciais e con responsabilidades de dirección, procúrase:

Cubrir parte da necesidade de formación en xestión interna que teñen as cooperativas, digamos que son espazos para a reflexión e o intercambio sobre a experiencia de dirección e xestión na área xerencial, nunha dobre dirección: aprender de actuacións que fixeran outras cooperativas e ao mesmo tempo da experiencia directa doutros profesionais en situacións similares. Mediante unha metodoloxía que combina a discusión de casos, reflexións de grupo ou debates que serven para estimular e ordear a aprendizaxe dos participantes, baixo un formato de formación que permite que as persoas participantes poidan compaxinalo co seu traballo. Nos encontros tamén se crean redes de relacións entre as cooperativas, se detectan novas necesidades e novos contidos de interese susceptibles de ser traballados en posteriores encontros.

As sesións formativas e de traballo contan cunha persoa experta que conduce a xuntanza, teñen unha duración máxima de catro horas e se acompañan dun almorzo.