|
A través da adxudicación de bolsas, (destinadas por unha banda a CTA e por outra a persoas desempregadas - bolseiras -), esta actividade do programa está encamiñada á realización de prácticas xerenciais titorizadas en cooperativas de traballo asociado co obxectivo final de explorar as posibilidades de incorporar á persoa bolseira ao cadro de persoal da cooperativa. No tocante ás persoas desempregadas que soliciten bolsas e sexan beneficiarias ten como obxecto que as persoas adquiran unha visión estratéxica dende a perspectiva directiva-xerencial da cooperativa para aplicala nesta: analizar, aprender a interpretar a información, potenciar capacidades e habilidades claves para anticiparse ás consecuencias da xestión, planificar para lograr as metas, organizar, ordear, decidir, comunicar e guiar con eficacia para conquerir os obxectivos, avaliar… Non só se trata de xestionar mellor e/ou máis, senón pensar estratexicamente en novas accións que se terán que realizar, e cales deberán deixar de facerse. O obxectivo tamén é o fomento do emprego mellorando a capacidade de mozos-as mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas, formar e profesionalizar xerentes-as acaídos ás particularidades do sector cooperativo. No tocante ás cooperativas de traballo que soliciten bolsas e sexan beneficiarias ten como obxecto que nelas se realicen traballos encamiñados ao apoio e reforzamento da área xerencial da cooperativa desempeñados pola persoa bolseira (titulado-a menor de 35 anos) que terá un titor de Eixo encargado de realizar o seguemento e acompañamento das prácticas na cooperativa. Analizar as diferentes áreas, planificar, ordear, decidir, aplicar accións de mellora, seguimento… As bolsas orientaranse para pensar estratexicamente en novas accións que se terán que realizar, e cales deberán deixar de facerse na cooperativa. As persoas bolseiras estarán vinculadas a un programa formativo, teórico e práctico, de xerencias en cooperativas. Por elo os traballos en cada cooperativa beneficiaria dunha bolsa estará persoalizado en función das súas necesidades e demandas na área xerencial. Asemade, unha vez finalizada a bolsa e coa idea de darlle continuidade ao proxecto cabería explorar as posibilidades de incorporación das persoas bolseiras en prácticas ao cadro de persoal da cooperativa, porque como diagnostica o Libro Branco do Cooperativismo en Galicia só un 24,5% das cooperativas de traballo asociado contan con xerencias profesionalizadas. Adxudícanse as bolsas ás cooperativas coa finalidade de mellorar as condicións en relación á función xerencial, queremos apoiar e impulsar esta área tan crucial para consolidar a súa posición e favorecer que se poidan abordar os retos empresariais do cooperativismo galego.
|