|
Para o período 2007-2008 adxudicáronse catro bolsas ás seguintes cooperativas da unión: Pegadas Esta cooperativa de traballo asociado adícase á xestión cultural e dixital; serigrafía e rotulación. Nace ante a necesidade de ofrecer estes servizos tanto por separado como no seu conxunto, aunando así o que é o deseño, planificación e execución dun proxecto cultural. Organizan e xestionan actos culturais como: concertos, conferencias, cursos, xornadas , certames, festas, excursións, etc. Deseñan, rotulan e estampan sobre todo tipo de materiais onde publicitar o propio evento, fan un labor de comunicación visual e cultural. Mar de Lira A sociedade cooperativa galega Mar de Lira é unha cooperativa de recente creación formada por sete mulleres mariscadoras que se adican á recollida e transformación de productos do mar, na súa meirande parte derivados do noso traballo como mariscadoras de a pé. Adícanse ao escachado do ourizo, recollida de algas, berberecho, ameixas, cría de mexillón, poliqueto… Intergal A cooperativa está integrada por técnicos-as informáticos-as que traballaban desde a década dos 80, o que supón dispór dunha equipa humana solidamente integrada e altamente cualificada, con experiencia profesional de coordinación e integración. Son especialistas en tecnoloxías de alta produtividade, integración de sistemas, formación de técnicos-as e comercialización de licencias para ferramentas de alta produción. Desenvolvemento de aplicacións de xestión. Desenvolvemento de aplicacións B2B. Asistencia técnica e axudas a desenvolventes informáticos. Ardora Cooperativa creada no ano 2006 por tres socias, entre os seus últimos traballos destácase: o Proxecto Embárcate (de inserción laboral no sector pesqueiro), a Campaña Laxe Limpo (de sensibilización cidadá sobre residuos domésticos), o Proxecto Carrasea (de explotación de algas en Galicia), e cursos de formación en pesca e prevención de riscos. Desenvolven a súa actividade no ámbito da formación e asistencia técnica en materia de pesca, medio ambiente e prevención de riscos laborais.
|